
Sentenza do caso contra Elrincondejesus.comEstariamos así ante unha sentenza histórica, pois senta un precedente moi importante ao asegurar claramente que o intercambio de arquivos a través da Internet non vulnera os dereitos de propiedade intelectual e, máis concretamente, que as páxinas web con ligazóns a redes P2P non supoñen unha explotación das obras sempre que os ficheiros intercambiados veñan dunha fonte lexítima, non se comercialice con eles e non se realice unha comunicación pública (considérase que o intercambio entre particulares é un acto de copia privada).
Queda agora por ver se esta sentenza (descargable en formato PDF) influirá ao Goberno e á súa formulación da Lei de Economía Sustentable na que pretendían establecer medidas contra o intercambio de ficheiros na Rede, pois resultaría bastante contraditoria a creación dunha comisión dedicada a perseguir unha práctica que os xuíces non consideran ilegal.
Desestiman a demanda civil contra Elrincondejesus.com
Compartir Este Artigo
