Joystiq tivo acceso a unha serie de documentación confirmada por «2 fontes distintas» que dan a entender que a consola Xbox 360 de Microsoft vai contar na primavera cunha actualización que activará a posibilidade de utilizar unha unidade de almacenamento externa por USB coma se dun disco duro oficial se tratase, de xeito que serviría para gravar partidas, contidos descargables e xogos, algo que actualmente só pode facerse con unidades de memoria licenciadas por Microsoft, e que ao abrirse a outras unidades mellora as posibilidades da Xbox 360 (especialmente dos modelos sen disco duro).
Segundo parece, o uso de unidades externas limitaría a súa capacidade para a consola en 16 Gb utilizables (detalle pendente de confirmación), o que permitiría empregar o resto da capacidade da unidade externa para outros usos.
Microsoft podería permitir o uso de discos duros externos na Xbox 360
Compartir Este Artigo
