O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, mantivo hoxe un encontro co ministro de Educación e Ciencia, Ángel Gabilondo, no que formalizaron un convenio para o co financiamento do programa Educación 2.0 que dotará de ordenadores portátiles aos escolares galegos.
O convenio subscrito compromete o investimento de 8 millóns de euros para equipar con ordenadores portátiles ás aulas galegas, para que os alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria teñen ordenadores portátiles coma ferramentas de traballo.
Feijoo advertiu que «ou adaptámonos á tecnoloxía ou quedaremos ancorados», de aí que aposte polo programa Escuela 2.0 en vez de pór atrancos ao mesmo coma noutras comunidades autónomas, aínda que son conscientes que non estamos ante «unha mera distribución de ordenadores», de aí que este mesmo mes presentasen o proxecto Abalar, que botará a andar o curso que vén para mellorar as competencias dixitais dos estudantes galegos.
A Xunta e Educación achegarán portátiles aos escolares galegos
Compartir Este Artigo
