Tras concluír o desenvolvemento de Firefox Mobile, a Fundación Mozilla pasou a centrar os seus esforzos en adaptar o seu navegador web a novas plataformas móbiles coma os terminais co sistema operativo de Microsoft, pero nas últimas horas decidiron botar o freo, e anuncian que detiveron o desenvolvemento de Firefox para Windows Mobile ata que Microsoft decida ofrecer un Kit de Desenvolvemento Nativo (NDK) para Windows Phone 7.
Dende Mozilla continúan a pensar que é posible unha excelente versión do seu navegador en terminais con Windows, pero ante o descoñecemento da data dun sistema que permita desenvolvelo axeitadamente, prefiren agardar e traballar mentres noutras plataformas coma Android ou MeeGo.
Agardemos que dende Microsoft tomen nota, para que sexa posible a existencia de navegadores web alternativos nos terminais con Windows Phone 7.
Paralizan o desenvolvemento de Firefox para Windows Mobile
Compartir Este Artigo
