Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao encontro informático Xuventude Galicia Net, que na súa 11ª edición conta con máis de 1.600 preinscritos e ofrece obradoiros abertos a todos os asistentes.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes: – Preséntase en Santiago unha guía das páxinas web galegas máis salientables – En marcha o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización en Galicia – Sobroso Part leva a febre polas redes á vila de Ponteareas – A USC acolle un novo fiadeiro colectivo de tradución de software libre – O Clúster TIC de Galicia anuncia os seus primeiros compromisos – Galicia, entre as comunidades máis punteiras en TIC aplicadas á sanidade – Entrevista a Ovidio Rodeiro, director xeral de Xuventude e Voluntariado – A Tecnópole de Ourense acolle a presentación de software para empresas da enerxía – Escolma do máis salientable da tempada en trebellos tecnolóxicos
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
