O proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre en Galicia culminará o vindeiro venres, día 2 de abril, data na que se producirá o apagamento analóxico nas provincias de Lugo e Pontevedra, o que significará o cesamento total e definitivo emisión analóxica en toda Galicia. Ese día deixarán de emitir o sinal de televisión analóxico os emisores que dan cobertura a un total de 76 concellos galegos, que suman unha poboación de 967.992 habitantes.
Os apagados analóxicos que terán lugar o vindeiro venres se enmarcan na terceira e última fase de incorporación de Galicia á TDT, que se vén levando a cabo desde o pasado 10 de marzo fundamentalmente nas provincias de Pontevedra e Lugo, concretamente nos concellos que contan cun maior índice de poboación do conxunto da comunidade.
Na área técnica de Páramo, o apagamento analóxico do 2 de abril afectará a un total de 45 concellos, que suman 273.992 habitantes e son os seguintes: Burela, Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, A Pastoriza, Samos, Pedrafita, Folgoso do Courel, Baleira, Castroverde, Castro de Rei, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Begonte, Guitiriz, Friol, Navia de Suarna, Cervantes, Láncara, O Corgo, Guntín, O Páramo, Sarria, As Nogais, Meira, Lugo, Cervo, Abadín, Xermade, Xove, O Valadouro, Foz, Negueira de Muñiz, Paradela, Triacastela, Alfoz, O Incio, Quiroga, Ribas de Sil, Portomarín e Baralla. En total, desde que se iniciou a transición á TDT nesta área técnica serán 309.018 os cidadáns beneficiados.
No tocante á área técnica de Domaio, os apagados analóxicos beneficiarán aos 694.338 habitantes dos 31 concellos afectados, que son: A Estrada, Cuntis, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade, Pontevedra, Poio, Meaño, Sanxenxo, A Lama, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Moaña, Soutomaior, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz Balneario, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Baiona, O Porriño, Tomiño, Tui, A Garda e O Rosal. A poboación acumulada que recibirá a TDT nesta área técnica desde que comezaron os acendidos o día 10 de marzo ascende a 979.012 cidadáns.
O venres remata a transición galega á Televisión Dixital Terrestre
Compartir Este Artigo

