O servizo de mapas de Google actualízase para terminais con Windows Mobile e teléfonos con Symbian S60, de xeito que os usuarios que instalen o Google Maps 4.1 no seu móbil poderán
facer uso da busca por voz, evitando o incómodo tecleo das nosas
pescudas co teclado do móbil. Para activar esta funcionalidade chega con premer o botón de chamada do móbil coa aplicación de Google Maps aberta e pronunciar a nosa consulta.
Google Maps para Windows Mobile e Symbian incorpora busca por voz
Compartir Este Artigo
