A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Benestar, Casé Rodríguez, presidiron esta mañá o acto de entrega dos receptores de TDTAínda que o apagamento analóxico chegase hai varias semanas, queda xente con dificultades para a recepción da Televisión Dixital Terrestre no seu fogar por pertencer a colectivos en risco de exclusión, o que está a solucionarse con distintas campañas sociais, como a que esta semana concretouse no Salón de Plenos do Concello de Melide, onde a Concellaría de Benestar e Igualdade fixo entrega de receptores de TDT a 30 persoas maiores de 80 anos ou con deficiencias visuais ou auditivas. Estamos ante a segunda ocasión na que en Melide fan entrega de receptores de TDT dende o departamento de Servizos Sociais, o que tamén estase a facer en moitos concellos galegos, de xeito avánzase cara á universalización do servizo de TDT en Galicia.