Os lectores de libros electrónicos de Amazon, Kindle e Kindle DX, terán en breve a versión 2.5 do seu software, que polo momento estase a distribuír entre un grupo reducido de usuarios e que publicarase de xeito xeneralizado a finais de maio, incluíndo interesantes melloras como coleccións (para organizar os libros e documentos), a posibilidade de facer ampliar a imaxe nos documentos PDF (para facilitar a lectura de texto de pequenas dimensións ou detalles de táboas e gráficos), protección con contrasinal (para que outra persoa non poda utilizar o noso dispositivo), máis tipografías e maiores tamaños de texto para facilitar a lectura, consultar os elementos destacados pola comunidade de usuarios de Kindle sobre os libros que estamos a ler e incluso a posibilidade de compartir pasaxes das nosas lecturas en Facebook e Twitter.
O Kindle faise máis social coa súa última actualización
Compartir Este Artigo
