
Esta nova revista audiovisual está elaborada por un equipo formado pola entrevistadora Iolanda Vázquez e polos divulgadores científicos Ramón Núñez, Xurxo Mariño e Javier Wicho Pedreira; a produción é da TVG con Adivina, contando coa colaboración da Dirección Xeral de Investigación.
O novo espazo televisivo xa conta con páxina web, na que describen a primeira entrega desta produción que busca achegarse aos interesados en mellorar a súa calidade de vida e a do seu traballo incorporando técnicas e modelos produtivos novos. Baixo o título de A Felicidade no traballo, recóllese unha entrevista a Santiago Vázquez, director de Recursos Humanos de R, un monólogo de Xurxo Mariño, unha reflexión sobre a evolución dos ferros de pasar realizada por Moncho Núñez, unha exposición sobre as dificultades de concentrarse durante o traballo por Wicho e reportaxes sobre a formación de líderes na Escola de Negocios de Caixanova e o teletraballo.
Os interesados no programa tamén poden coñecelo a través de Twitter e de Facebook, canles que deberían contribuír a mellorar a comunicación entre este novo espazo e a súa audiencia.
Primeira promo do programa |



