Coa chegada aos desenvolvedores da terceira versión de proba do iPhone OS 4 chegan novas informacións sobre o que poderá achegar o novo iPhone, e analizando as novas API do sistema que abren o acceso á captura de vídeo, inclúese a posibilidade de gravar vídeo a máis de 640 x 480 coma fai o actual iPhone 3GS, chegando ata unha resolución de 1.280 x 720 píxeles, ou sexa, alta definición, o que engade argumentos a tese de que o novo móbil de Apple leve por nome iPhone HD (en vez de iPhone 4G).
Distintos rumores apuntan a que o novo iPhone terá unha cámara de 5 Mpíxeles con flash LED e incluso cámara frontal para videoconferencia, o que supón un importante avance para o móbil, o que sumado a unha pantalla cunha resolución de 960 x 640 píxeles (detalle non confirmado) dá lugar a un produto que será realmente interesante e animará o mercado da telefonía móbil, especialmente no sector dos móbiles de alta gama.
O novo iPhone podería gravar vídeo en alta definición
Compartir Este Artigo
