A serie de televisión Futurama está de volta nos EE.UU., e o terceiro capítulo desta nova tempada está a causar sensación, pois céntrase en parodiar a Apple e ao iPhone, aínda que cambiando estas marcas pola compañía de Mamá e o eyePhone, o que podería ter causado algún problema á canle que emite a serie actualmente, Comedy Central, que modificou da súa web un fragmento de vídeo no que podía verse a unha multitude de zombies con cartos na man entrando nunha tenda de Mamá mentres podía escoitarse a frase «presentando o novo eyePhone 2.0» (a imaxe segue presente, pero a locución desapareceu misteriosamente).
Polo momento non hai unha explicación oficial sobre o acontecido, que podería ser unha mera precaución de Comedy Central ou consecuencia dunha petición dos avogados de Apple, aínda que na Internet podemos atopar o vídeo no que si é posible escoitar a polémica frase:
No episodio tamén podían verse outras parodias do iPhone coma o anuncio televisivo do eyePhone:
Futurama parodia a Apple no seu último episodio
Compartir Este Artigo
