O mes pasado presentouse ante a Corte Suprema do condado de Allegany (New
York) unha demanda civil de Paul Ceglia contra Facebook reclamando que, en
virtude dun contrato con Mark Zuckerberg asinado en 2003, corresponderíalle
o 84% de Facebook, o que provocou que un xuíz bloquease temporalmente os
activos da empresa (decisión que a compañía intenta anular, por considerar
inxustificada). En vista dos antecedentes
de Ceglia, non parece que a causa vaia inclinarse ao seu favor.
Un deseñador de páxinas web reclama o 84% de Facebook
Compartir Este Artigo
