Ante a imposibilidade de poder facer unha adaptación digna do navegador web Firefox ao iPhone por mor das limitacións que Apple pon ao desenvolvemento para os seus terminais, a Fundación Mozilla estaba a preparar unha aplicación para iPhone e iPod Touch chamada Firefox Home, que faría uso de Safari para amosar os contidos, pero que incorporaría a sincronización de datos do navegador web entre distintos dispositivos e baseándose na nube, de xeito que cando no PC marcamos unha páxina coma favorita, esta operación tamén reflíctese nos terminais de Apple que teñamos con Firefox Home. Tamén poderemos recuperar no móbil as últimas pestanas abertas no escritorio e incluso contaremos cunha barra de enderezos que consulta o noso historial de navegación para que con só teclear unhas poucas letras da páxina web á que queremos acceder, o seu enderezo completarase de xeito automático (coma pasa na versión de PC do navegador de Mozilla).
O Firefox Home rematouse nas últimas horas, e remitiuse ás App Store para a súa aprobación, polo que é de agardar que a semana que vén estea dispoñible para o público xeral, que gozará así dunha maior coordinación entre o PC e o móbil.
Vídeo promocional do Firefox Home
Nos vindeiros días incoporarase Firefox Home á App Store
Compartir Este Artigo

