Tras pouco máis dun mes de espera tras o seu envío para a súa aprobación por parte de Apple, Firefox Home, a aplicación coa que a Fundación Mozilla consegue introducirse no iPhone e iPod Touch, está xa dispoñible na App Store como unha aplicación de balde que permite sincronizar co terminal móbil a nosa navegación co Firefox de escritorio, de xeito que facilita o acceso ás últimas pestanas abertas no PC, ao historial de navegación e aos favoritos, evitando procesos manuais no proceso.
Esta ferramenta fai uso no navegador web Safari (de aí que Apple permita o seu uso oficial no iPhone) e non só permite sincronizar os nosos favoritos e historial, senón que esta información que recolle aprovéitase para potenciar a Awesome Bar, ou sexa, que cando buscamos unha páxina web xa visitada, o sistema pode predicir o seu enderezo con só teclear algunhas letras do seu nome en función da súa frecuencia de visitas como acontece no Firefox de escritorio.
Firefox Home chega á App Store
Compartir Este Artigo

