O certame de curtametraxes compostelán Curtocircuíto contará co apoio do fabricante de electrónica de consumo Blusens, que durante 30 días abrirá unha canle exclusiva en aberto en Blusens Televisión que permitirá ver de balde as curtas finalistas. As mellores curtametraxes tamén poderán verse nas rúas de Compostela do 12 ao 26 de agosto.
Javier Barberá, responsable de Blusens Interactive, amosouse satisfeito por continuar a súa relación co festival Curtocircuíto e asegurou que «o carácter internacional e creativo do certame van en liña co perfil de Blusens Televisión e grazas a este acordo ampliamos a oferta de contidos de valor para todos os nosos usuarios».
Blusens Televisión emitirá as curtas finalistas de Curtocircuíto
Compartir Este Artigo
