Segundo publica o The Wall Street Journal, a tenda virtual Amazon está a traballar na creación dun servizo de televisión por subscrición baseado na Internet que ofrecerá acceso ilimitado a algunhas películas e programas, e que podería contar con contidos de NBC Universal, Time Warner e Viacom.
Non podemos esquecer que Amazon xa contaba cun servizo de aluguer de películas a través da Rede chamado Unbox e posteriormente relanzado coma Amazon Video on Demand a finais de 2008, polo que a compañía non é novata neste sector, e levou os seus servizos a algúns sistemas integrados (coma certos televisores de alta gama), polo que poderían estar nunha boa posición para dar un paso adiante, nun momento no que tanto Google coma Apple queren apostar con forza por tal mercado.
ACTUALIZACIÓN: Amazon vén de incorporar ao seu catálogo de Amazon Video on Demand episodios de series de televisión de ABC e a Fox por 0,99 dólares cada un.
Amazon podería lanzar un servizo de televisión por Internet
Compartir Este Artigo
