Un ano máis Barcelona acollerá no mes de febreiro o Mobile World Congress e, en vista do peso que están a tomar os terminais móbiles e as súas aplicacións, incluirá un apartado chamado App Planet, dirixido a desenvolvedores de aplicacións móbiles, que en 2010 xa superou os 150 expositores, os 20.000 visitantes e os 6.000 desenvolvedores, polo que repetirán experiencia contando con conferencias de Research In Motion (RIM), Palm e IDG World Expo, sendo estes últimos os organizadores da Macworld, que aproveitan o seu espazo no App Planet para dedicar un día enteiro ao iPhone e o iPad, nun evento que responderá ao nome de Macworld Mobile.
O Mobile World Congress acollerá unha xornada dedicada ao desenvolvemento para iPhone e iPad
Compartir Este Artigo

