
Once Upon A Time Super Mario presenta múltiples visións de Mario e do seu mundo, entre as que podemos destacar a do galego Noé Peláez, quen presenta a un Mario repoludo rodeado de cogomelos (¿alucinóxenos?), imaxe que convive con outras caracterizacións do maior heroe do Reino Champiñón, como a ilustración de Bob Dob na que podemos ver a fotografía policial de Mario tras unha noite movidiña e que acadou certa sona en boa medida pola súa comercialización como adhesivo para dispositivos de Apple.
A exposición está dividida en distintas áreas, de xeito que na parte central podemos visitar as mencionadas obras pictóricas, e un conxunto de autómatas caracterizados coma personaxes dos xogos de Super Mario que móvense con liberdade polo espazo da Central de Diseño; tamén ten unha sección chamada Miyamoto’s way na que a través de distintos paneis explicativos pode repasarse a obra do creador de Mario. Para rematar, buscan contaxiar ao público co espírito creativo, convidando aos asistentes a reinterpretar a Mario dende o programa Art Academy para a Nintendo DS, aparecendo as ilustracións creadas no teito do local formando unha selva de imaxes.
Unha exposición amósanos a un Mario con acento galego
Compartir Este Artigo

