Seguindo os pasos doutras plataformas de venda de libros electrónicos coma o Kindle de Amazon e o NOOK de Barnes & Noble, Borders leva o Kobo ao escritorio estreando unha aplicación para Windows e Mac OS X que permite a compra e lectura de e-books, así como a exportación dos textos a outros dispositivos coma o NOOK ou os eReaders de Sony.
A Kobo Desktop Application chega así para completar a oferta de clientes da plataforma de distribución electrónica de Borders, que xa estaba dispoñible para os terminais móbiles de Apple, BlackBerry e Android, e coma vén sendo habitual neste tipo de ferramentas, permite a lectura de textos dun xeito cómodo e personalizable (axustando tipografías e tamaños de letras). Fronte á aplicación de escritorio de Kindle, a de Kobo permite a compra de e-books sen saír do programa, aínda que todas estas plataformas continúan a ter pouco interese en España polo seu reducido catálogo de obras en linguas distintas á inglesa.
Kobo estrea aplicación para PC e Mac
Compartir Este Artigo

