Aínda que a tendencia actual é levar os contidos que habitualmente consultabamos no ordenador ao móbil, tamén é posible o contrario, e a aplicación Android Notifier para Mac OS X permite que dende un ordenador de Apple conectado a un móbil con Android a través de Wi-Fi ou Bluetooth poida amosar nunha fiestra as notificacións do terminal móbil como as chamadas, os SMS e os MMS recibidos, o que resulta de utilidade para usuarios que traballan en ambientes con moito ruído (ou utilizando auriculares), que non leven o móbil enriba mentres traballan (deixándoo na chaqueta ou nun bolso) ou, simplemente, por non querer que o ton de chamada ou a vibración do móbil poida interromper unha xuntanza.
Esta aplicación de escritorio é de balde e complétase con outra que corre coma servizo nos móbiles con Android, agardando fusionarse no futuro con outro proxecto semellante para levar esta curiosa función tamén a Windows e Linux.
Android Notifier leva as notificacións do móbil ao escritorio
Compartir Este Artigo

