
Aparte, a versión 3.50 do firmware da PS3 tamén permite enviar informes de queixas no caso de recibirmos mensaxes abusivas ou molestas a través da PlayStation Network e tamén acceder á información pública en Facebook procedente de xogos compatibles con esta plataforma de redes sociais.
Esta actualización coincide no tempo cunha parada por mantemento da PlayStation Network entre ás 17:00 horas de hoxe e as 3:00 horas de mañá, así como coa publicación de datos da consultora Media Create que sitúan á PS3 como a consola doméstica máis vendida este ano no Xapón , superando á Wii de Nintendo, o que en bos media estaría provocado polo estancamento das vendas da Wii, que xa parece estar presente na totalidade de fogares nipóns. A nivel mundial a PS3 tamén está a mellorar as súas vendas, chegando aos 37,6 millóns de unidades, aínda que a Wii case dobre tal cantidade con 74 millóns de consolas vendidas, estando só superada pola Nintendo DS (con 134,1 millóns de consolas).
Curiosamente a consola portátil de Sony, a PSP, suma 59,9 millóns de unidades, o que non está nada mal para un dispositivo considerado coma fracasado, pois supera sobradamente as vendas da Xbox 360 (43,1 millóns) e a PS3.
A PS3 xa é compatible co formato Blu-ray 3D
Compartir Este Artigo
