O Proxecto de Lei de Economía Sustentable (LES) parece estar a piques de rematar o seu trámite parlamentario, e o Partido Popular, aparte de presentar numerosas emendas á coñecida coma Lei Sinde, buscan crear un sistema equilibrado de protección da propiedade intelectual e garantía xudicial dos dereitos dos usuarios, ou sexa, que toman posición contra o peche de páxinas web por vulnerar os dereitos de autor a través da LES (pois este tema debería tratarse na Lei de Propiedade Intelectual) e dende o Grupo Parlamentario Popular no Congreso chegan a instar ao Goberno a suprimir o canon dixital.
IU-ICV-ERC tamén rexistraron 230 emendas parciais á LES por entenderen que «o dereito de autor é necesario para garantir a creación cultural e a autonomía creativa, pero non pode entrar en contraposición cos dereitos cidadáns e de acceso á cultura». Tamén consideran que o actual texto da LES supón un atentado a dereitos fundamentais como son o dereito á liberdade de expresión e á información.
O PP pide a supresión do canon dixital
Compartir Este Artigo
