A aplicación de Yahoo! Messenger para os terminais de Apple vén de experimentar unha importante actualización, de xeito que non só incorpora soporte de multi-tarefa no iPhone 3GS e o iPhone 4, senón que tamén inclúe notificacións instantáneas e videoconferencia a través tanto de Wi-Fi coma de 3G, compatible con outras plataformas nas que está dispoñible esta aplicación, ou sexa, que permite as comunicacións en vídeo dende un iPhone a un móbil con Android ou a un ordenador persoal, superando en versatilidade á solución FaceTime de Apple.
O Yahoo! Messenger, como tamén fan aplicacións coma Skype, permite a realización de chamadas telefónicas de baixo custo (para subscritores de Yahoo! Voz, servizo polo momento só dispoñible en EE.UU., Francia, Alemaña, Singapur e España).
Actualmente a plataforma de mensaxería instantánea de Yahoo! conta con 81 millóns de usuarios en todo o mundo, o que tamén xoga un papel decisivo na adopción desta tecnoloxía para os usuarios que non queiran limitarse a establecer comunicación con usuarios de terminais de Apple.
Yahoo! Messenger achega a videoconferencia por Wi-Fi e 3G ao iPhone
Compartir Este Artigo

