Para dar a coñecer a súa ferramenta de auto-publicación, meubook.com organiza un concurso de receitarios que desenvolverase ata o vindeiro 15 de novembro e no que os participantes (tanto profesionais coma afeccionados) poderán presentar as súas receitas. As obras a concurso poderán votarse en liña e o 19 de novembro farase público o fallo do xurado e do público en meubook.com.
Os profesionais (modalidade orientada a restaurantes e bares de tapas) poderán deseñar un receitario cun mínimo de 9 receitas (pinchos, tapas, entrantes, ensaladas, sopas, pratos e sobremesas), recibindo o gañador elixido vía web (por votación popular) un lote de 500 exemplares do receitario gañador, para que poida ofrecerse coma cortesía aos clientes.
Os afeccionados poderán recompilar 9 receitas (pinchos, tapas, entrantes, ensaladas, sopas, pratos e sobremesas) e será un xurado de 3 expertos en gastronomía quen elixa o mellor receitario, recibindo o gañador unha fin de semana para 2 persoas na localidade onde estea situado o restaurante gañador da categoría profesional (incluíndose unha cea en devandito local). Os participantes recibirán unha copia impresa do seu receitario, que poderá estar redactado en calquera das linguas peninsulares.
Meubook.com organiza un concurso de receitas
Compartir Este Artigo
