Kurt DelBane, presidente da división de ofimática de Microsoft, anunciou nun acto para a prensa en San Francisco un novo servizo chamado Office 365 que achega o Microsoft Office, SharePoint Online, Exchange Online e Lync Online coa nube, de xeito que as empresas de todo o mundo terán máis posibilidades para sincronizar os seus documentos a través da Rede, así como facilitará a colaboración entre os seus traballadores, á vez que dende dispositivos con soporte de ActiveSync os usuarios poderán acceder ás súas caixas de correo electrónico, aos seus calendarios, ás páxinas web dos seus equipos e a aplicacións web ofimáticas dende calquera lugar.
Office 365 comercializarase en 2 versións: unha orientada a empresas cun máximo de 25 usuarios, que non precisa intervención técnica e que ten un custo de 6 dólares/mes por usuarios e outra versión adaptable ás necesidades da empresa, que terá un prezo de entre 2 e 27 dólares/mes por usuario (dependendo das características que precise a empresa).
Polo momento este servizo principiará unha fase de proba limitada, para entrar oficialmente en produción a finais de 2011, cando pasará a formar parte do catálogo de produtos corporativos de Microsoft.
Microsoft achegará as empresas á nube con Office 365
Compartir Este Artigo
