
En virtude do acordo autorizado polo Consello da Xunta, o IGAPE apoiará o financiamento das iniciativas impulsadas polo Clúster Audiovisual Galego (CLAG), entidade asociativa que conforma unha alianza estable de 52 compañías do sector audiovisual galego, en materia de fomento á cooperación, dinamización sectorial e difusión, innovación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e, especialmente, internacionalización.
O CLAG estrutura a súa actuación en eixes estratéxicos como internacionalización e promoción, dinamización sectorial, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, e formación. Ten como fin primordial o de contribuír ao desenvolvemento e á consolidación do sector audiovisual galego.
Ante a imparable globalización dos mercados, o Clúster Audiovisual Galego impulsa agora un Plan de Internacionalización que inclúe iniciativas de promoción en foros sectoriais fóra de Galicia e que contarán co apoio da Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, mediante o desenvolvemento do convenio que autorizou o Consello da Xunta.
Esta actuación do CLAG encaixa nas estratexias de apoio á mellora da competitividade e de impulso á internacionalización impulsadas pola Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE, que inclúe servizos e axudas públicas pero que tamén se apoia na colaboración coas organizacións empresariais e cos clústers máis dinámicos e con ambición de proxectarse ao exterior.
O IGAPE destinará 242.094 euros á internacionalización do audiovisual galego
Compartir Este Artigo
