A pasada fin de semana moitos usuarios europeos do iPhone levaron unha desagradable sorpresa ao descubrir que o seu móbil erguíaos da cama unha hora tarde, pois aínda que o terminal axustouse ao novo horario de xeito automático, as súas alarmas non se actualizaban axeitadamente, activándose pola vella, pese a figurar correctamente, de xeito que, mentres Apple non publique o parche correspondente, é preciso eliminar todas as alertas programadas e reintroducilas para escoitalas á súa hora.
Este erro só afecta ás alarmas programadas para repetirse regularmente en dispositivos con iOS 4.1, e detectouse hai un mes cando mudaron de horario en Australia, polo que Apple non está a reaccionar coa responsabilidade debida, aínda que é de agardar que na versión 4.2 do firmware dos seus terminais corrixan o bug detectado.
As alarmas programadas no iPhone fallan tras o cambio de hora
Compartir Este Artigo
