O servizo de Google Docs está a preparar a incorporación dun editor de documentos compatible con dispositivos móbiles, de xeito que os usuarios serán capaces de traballar nun informe mentres van en autobús ou tomar anotacións dun evento en directo que poderán ver os amigos cos que compartamos o documento de texto en cuestión.
Amais, os usuarios que conten con terminais con Android poderán aproveitar o recoñecemento de voz que ofrece Google para ditar o texto dos seus documentos, aínda que esta nova funcionalidade tamén será moi interesante para usuarios de dispositivos coma o iPad, que teñen así un xeito alternativo e de balde de editar follas de calculo dende o navegador do seu trebello.
O editor de Google Docs comezará a espallarse entre usuarios de fala inglesa con Android 2.2 e iOS 3.0 ou superior nos vindeiros días, incorporándose o soporte doutras linguas máis adiante.
Explicación en vídeo das novas posibilidades de Google Docs
Os arquivos de Google Docs poderán editarse dende dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo
