Imaxe de Lam publicada polo The ObserverAnte a imposibilidade de poder mercarse o iPhone 4 en cor branca antes da primavera de 2011, Fei Lam, un rapaz de 17 anos de Queens e con moito espírito emprendedor decidiu contactar con xente da fábrica chinesa de Foxconn (a que fabrica o móbil de Apple) para facerse cos compoñentes que servisen para mudar a carcasa dun iPhone 4 normal no aínda inexistente modelo branco, e tras trunfar na operación decidiu crear unha páxina web dende a que vender kits de conversión cos que calquera podería repetir o proceso, cobrando 279 dólares (206,18 euros) polo mesmo, o que moitos non deberon considerar caro, pois estímase que dende o pasado mes de agosto Lam conseguiu facturar máis de 130.000 dólares. Con eses cartos o rapaz pretende pagar os seus estudos de informática ou economía, aínda que os plans que está a facer poderían truncarse pois un investigador privado acusouno de vender bens roubados, polo que esta historia de éxito podería rematar mal, aínda que polo momento Lam asegura que vai continuar o seu negocio. Actualmente estímase que hai uns 14 millóns de iPhone 4 no mercado, dos que só preto de medio milleiro sería de cor branca, polo que estariamos ante un produto moi exclusivo e rechamante, de aí o éxito dos kits de conversión.