Grazas ao bo funcionamento da tecnoloxía Content ID que permite identificar o material protexido por dereitos de autor en YouTube, o portal de vídeos de Google decidiu eliminar a limitación de duración dos vídeos no seu servizo (fixado para dificultar a carga de programas de televisión, series e películas completas), de xeito que dende hai poucas horas é posible que un usuario ordinario do servizo, que teña respectado as normas de YouTube, poida agora cargar vídeos de máis de 15 minutos, o que agradecerán os que produzan vídeos e non queiran ter que partilos en anacos para compartilos na web.
Ata o momento, para poder subir vídeos a YouTube sen limitacións era preciso participar do Programa de Partners da compañía ou terse rexistrado coma director con certa anterioridade. Dende YouTube matizan que os usuarios que queiran subir ao seu sistema un vídeo de máis de 15 minutos de duración que fose rexeitado con anterioridade, deberán eliminar antes o vídeo vetado.
YouTube elimina a limitación de duración dos seus vídeos
Compartir Este Artigo
