Durante a 27ª edición da Chaos Communication Conference realizaron unha presentación sobre a desprotección da seguridade da consola PlayStation 3, sorprendendo ao desvelar que atoparan un fallo de seguridade que permite facerse coa chave privada de encriptación da PS3, ou sexa, que permitiría asinar aplicacións caseiras coma se estivesen autorizadas por Sony.
Tras este acontecemento, o coñecido George GeoHot Hotz tardou só uns poucos días en facer públicas as chaves mestras da PS3, ao que en poucas horas seguiron ferramentas para poder tirar proveito das mesmas, polo que parece cuestión de días que atopen sistemas de executar xogos copiados na PS3 sen a necesidade de empregar solucións para tal fin coma o popular PS Jailbreak, así como unha solución que permita instalar Linux nas PS3 actuais (que teñen tal funcionalidade restrinxida por Sony).
Ao parecer, este problema de seguridade da PS3 non podería evitarse por parte de Sony, pois invalidar a súa actual chave mestra faría que todos os xogos ata o momento deixasen de funcionar, aínda que poden incorporar medidas de protección en xogos futuros.
Publican as chaves mestras da PlayStation 3
Compartir Este Artigo
