
A denuncia presentada por Sony sostén que os danos causados por Hotz e fail0verflow son irreparables, e aínda que os argumentos presentados non son moi sólidos, pois aínda que os achados realizados polos denunciados poidan chegar a facilitar o uso de xogos non orixinais na PS3 (o primeiro en caer resultou ser o último Castlevania, desenvolvido en España) entre as súas posibilidades está o feito de permitir a instalación de Linux na PS3 (característica eliminada por Sony da súa consola hai poucos meses) e outros usos legais.
Os avogados de Sony tamén se exceden ao entender unha broma de GeoHot como un acto de extorsión (ao publicar as chaves da PS3 dirixiu a Sony a frase «se queredes que a vosa vindeira consola sexa segura, contactade comigo», o que claramente era unha provocación e non unha ameaza ou unha solicitude de traballo).
Segundo parece, polo momento a demanda presentada por Sony só pretende a retirada da Rede da información publicada por Hotz e fail0verflow, no que parecen estar a colaborar os involucrados, pero que claramente será unha medida inútil, pois a súa difusión foi moi elevada e xa hai desenvolvedores espallados por todo o mundo traballando en software para a PS3 a costas de Sony, polo que a loita contra a piratería que deberá emprender Sony será longa e complexa, podendo seguir os pasos de Microsoft (optando por eliminar o xogo en liña por parte dos usuarios que usen aplicacións non oficiais na súa consola).
Sony emprende medidas legais contra GeoHot e fail0verflow
Compartir Este Artigo
