En 2001, nun momento de grande crecemento por parte de Google, entrou na empresas Eric Schmidt para tomar o control da compañía fundada por Sergey Brin e Larry Page, en boa medida para tranquilizar aos mercados que dificilmente confiarían na inexperiencia dos rapaces responsables da empresa de Internet máis importante do mundo.
Co tempo fomos esquecendo que esta medida foi pensada dende o comezo como algo temporal, polo que non debería sorprendernos o anuncio de Eric Schmidt de que o triunvirato que forma con Brin e Page redefínese, de xeito que o vindeiro 4 de abril Larry Page pasará a ser responsable do desenvolvemento de produtos e a estratexia tecnolóxica a encargarse da dirección xeral da compañía no seu día a día.
Sergey Brin pasará a dedicar o seu tempo a proxectos estratéxicos, especialmente a novos produtos, o que sería a innovación e o emprendemento; mentres que Schmidt será director executivo de Google, colaborando en múltiples facetas da compañía e asesorando aos seus fundadores.
Larry Page pasará a dirixir Google en abril
Compartir Este Artigo
