Onte naceu A Cuarta Parede, unha páxina web en galego e español dirixida por Eloy Domínguez e Víctor Paz que responde ao lema de ser a «primeira revista dixital en galego de crítica cinematográfica», de xeito que os amantes ao cine teñen un novo punto de referencia na Rede para informarse non só das grandes estreas de carteleira, senón tamén de moitas obras menos comerciais, retrospectivas e incluso unha sección na que dedica certa atención ao cinema luso.
Neste novo medio electrónico tampouco faltan as entrevistas, de xeito que a súa definición coma revista parece bastante atinada, aínda que esta publicación non ten unha periodicidade fixa.
A Cuarta Parede preséntase como unha revista dixital en galego de crítica cinematográfica
Compartir Este Artigo
