Arianna Huffington con Tim Armstrong, xerente de AOLAOL Inc anunciou hoxe que chegou a un acordo de compra co The Huffington Post, espazo web creado en 2005 e que é todo un referente nos EE.UU. coma fonte de información o que queda evidente nos seus preto de 25 millóns de visitantes únicos ao mes, pretendendo AOL aproveitar este pulo para crear un grupo de contidos globais, nacionais, locais e hiperlocais para a era dixital, grazas á mestura da infraestrutura de AOL coa estratexia de The Huffington Post, pasando a súa co fundadora, Arianna Huffington, a presidir e ocupar o posto de editora en xefe do The Huffington Post Media Group, no que a parte do Post, tamén forman parte as publicacións en liña de AOL coma Engadget, TechCrunch, Moviefone, StyleList e outros. Esta operación económica está valorada en 315 millóns de dólares, dos que 300 serán en efectivo (formalizándose entre os meses de marzo e abril), co que conseguen conformar un grupo de comunicación con 117 millóns de visitantes únicos ao mes nos EE.UU. e 270 millóns a nivel mundial, no que parece un simple crecemento en volume para poder participar con máis forza no negocio publicitario.