O mes de decembro rematou co nacemento de iMAG, unha revista electrónica exclusiva para iPad que permitía descargar de balde o seu número 0 para amosar o seu potencial, e que destacaba polo seu coidado deseño, o aproveitamento da súa interface de uso (empregando técnicas que xa puidemos ver en publicacións como a norteamericana Wired) e a participación de múltiples blogueiros na elaboración dos seus contidos.
Agora, o número 1 xa está dispoñible na App Store, dedicándolle unha especial atención a WikiLeaks, e sorprendendo por chegar de balde por tempo limitado, pois ao parecer aínda non se aprobou a incorporación coma produto de pagamento desta aplicación por parte de Apple, o que podemos aproveitar para gozar dos seus contidos de xeito gratuíto, o que axuda a facerse unha mellor idea do que será esta revista en futuras edicións, que terán un prezo de venda que podería chegar aos 2,39 euros o exemplar.
iMAG ofrece o seu número 1 de balde por tempo limitado
Compartir Este Artigo
