A Xunta de Galicia reforza a súa presenza na Internet estreando canle oficial en YouTube, de xeito que en youtube.com/xuntadegalicia podemos acceder a vídeos promovidos polas Administración autonómica, sumándose á actividade social que ten o ente en plataformas coma Facebook, Twitter e Flickr.
A canle de YouTube da Xunta de Galicia tamén incorpora ligazóns a outras canles oficial do organismo na plataforma de vídeo de Google como as de Cultura e Turimo, Xuventude.Net, Xacobeo 2010, ISSGA ou a Casa de Galicia en Madrid.
Nestes momentos a canle ten dispoñible 29 vídeos divulgativos sobre temáticas moi diversas entre as que podemos destacar campañas como Leite Galego 100×100, sobre o Plan de Ordenación do Litoral, o Plan Estratéxico 2010-2014-2020, ou sobre o servizo 012, teléfono de Atención á Cidadanía, así como outros contidos relacionados co turismo (Pensando en volver a ti, Galicia, coñécela? ou Galicia, gárdasme o segredo?), coa cultura (Cidade da Cultura de Galicia e 2010. O ano do libro e da lectura), a saúde pública (Libre de alcol, libre de preocupacións e Sanidade Pública de Galicia), a innovación e modernización tecnolóxica (Agora Galicia conecta contigo, Plan de Banda Larga e Axenda Dixital de Galicia – 2014.gal) ou que convidan a investir na Comunidade (Agora Galicia máis competitiva e Investir en Galicia).
Os contidos actuais incrementaranse de forma periódica coa inclusión de novos vídeos institucionais de carácter divulgativo ou relacionados cos servizos que a administración pon a disposición da cidadanía.
Coa incorporación ás redes sociais a Administración autonómica busca aproximarse ao concepto de Open Government, unha Administración na que priman as relacións cos cidadáns e o contacto directo con eles, máis transparente, participativa e colaborativa.
Galega 100% é unha das campañas da Xunta que poden verse agora en YouTube
A Xunta estrea canle en YouTube
Compartir Este Artigo
