O vindeiro luns 30 de maio o Foro INEO da Sociedade da Información terá lugar no auditorio do edificio de oficinas do Consorcio da Zona Franca de Vigo baixo o epígrafe As TIC e os medios de comunicación, que busca analizar o impacto das TIC nos medios, as tendencias no sector ou as edicións dixitais dos xornais, entre outros temas.
A asistencia á xornada é de balde e debe formalizarse por correo electrónico, indicando o nome e apelidos do interesado e acudir no evento que ten o seguinte programa:
9:45-10:00 – Apertura e benvida
Jorge Cebreiros, presidente de Ineo
10:00-10:30 – O impacto das TIC nos medios de comunicación
Jesús Monroy, xefe de comunicacións internas da CEOE (pendente de confirmar)
10:30-11:00 – Tendencias no sector da comunicación: as mellores prácticas nos medios de comunicación actuais
Juan Martínez, área dixital do Grupo Correo Gallego
Representantes de Unidad Editorial/PRISA/Editorial Prensa Ibérica (pendentes de confirmar)
11:00-11:45 – Edición Dixital vs Edición en papel
Tomás García, director da edición dixital de La Voz de Galicia
Carlos Ballesteros, subdirector de Código Cero
Representante da CRTVG
11:45-12:15 – Pausa – café
12:15-13:30 – Mesas de traballo: TIC vs medios de comunicación
Dúas mesas de debate moderadas por Ineo nas que participarán representantes de diferentes medios de comunicación e empresarios TIC
Ineo organiza un foro sobre as TIC e os medios de comunicación
Compartir Este Artigo
