As oficinas neoiorquinas de Google acolleron hoxe unha presentación de Google Wallet, un servizo desenvolvido en colaboración con Citi, MasterCard, First Data e Sprint para permitir converter os móbiles con tecnoloxía NFC (como o Nexus S) nun sistema de pagamento que pode ir moito máis aló de substituír ás tarxetas de crédito, pois aparte de axilizar a adquisición de produtos sen pagar en efectivo, tamén pode combinarse con cupóns e programas de fidelidade para clientes, e mesmo para tender unha ponte entre os establecementos electrónicos e os físicos.
Google Wallet gardaría no seu interior as nosas tarxetas de pagamento, as nosas tarxetas de fidelidade e os nosos descontos, de xeito que cando teñamos que realizar un pagamento o sistema realizará todo o proceso de xeito automático, aplicando os descontos correspondentes e acumulando os puntos de fidelidade se procede, aspirando tamén a servir no futuro de entradas virtuais para eventos, sistema de identificación e mesmo como chave.
Polo momento Google Wallet só está dispoñible para terminais Nexus S, agardando ampliar o número de terminais compatibles nos vindeiros meses.
O Google Wallet en acción nun vídeo publicado por Engadget
Google presenta un servizo de moedeiro electrónico baseado no móbil
Compartir Este Artigo

