Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha compañía viguesa traballa nunha guía GPS do Camiño Francés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha compañía viguesa traballa nunha guía GPS do Camiño Francés

Marcus Fernández
Publicado: 11/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A bluguía que están a desenvolver facilita seguir o Camiño
A bluguía que están a desenvolver facilita seguir o Camiño
O uso de tecnoloxía GPS para a elaboración de guías turísticas non é ningunha novidade, e incluso podemos gozar de solucións deste tipo en varias cidades galegas, pero a aplicación deste tipo de solucións pode aspirar a máis e así a compañía viguesa Bluguía pretende ter lista para antes da Semana Santa do ano que vén unha guía GPS para o Camiño de Santiago, o que suporá a carga de cantidade de contidos en navegadores GPS persoais, coma información sobre o territorio, a paisaxe, a cultura popular, o patrimonio ou a fauna, agardando crear uns 50 vídeos por etapa ata completar os 1.500 arquivos entre os que o usuario poderá discriminar segundo os seus intereses.
Esta futura guía GPS cubrirá 760 quilómetros do Camiño Francés, ou sexa, un completo traxecto entre Saint Jean Pied de Port e Compostela, o que é todo un reto, pois están a aplicar a mesma tecnoloxía das audioguías que ofrecen en museos ou nalgunhas cidades, pero levala a tan grande escala precisa dun traballo titánico que de seguro que agradecerán moitos peregrinos que queiran coñecer a fondo os lugares que visitas durante a súa viaxe espiritual á capital de Galicia.
Todo este traballo nace na empresa Bluguía, formada por Pablo Conde e Pilar López, quen xa introduciron no mercado guías deste tipo en varias cidades (comezando polo Concello de Vigo), pois son conscientes de que os navegadores GPS limítanse habitualmente a ofrecer información para a condución e non para o turismo.
Aínda que o máis doado sexa vender estas aplicacións integradas nun dispositivo determinado (que poden ofrecer en réxime de aluguer en puntos de información turística ou museos), dende Bluguía son conscientes de que moitos usuarios xa teñen navegadores GPS de seu ou incluso móbiles con GPS, de aí que no futuro poderían buscar outros xeitos de capitalizar as súas aplicacións.
Pilar López e Pablo Conde son os responsables de Bluguía
Pilar López e Pablo Conde son os responsables de Bluguía


Pablo Conde explicou o funcionamento das Bluguías no programa Fábrica de Ideas de Televisión Española en decembro de 2008

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?