A pasada fin de semana, o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Juan Junquera, concedeulle unha entrevista a EFE, na que afirma que “o Goberno non vai permitir que se manteña o mal servizo de atención ao cliente de telecomunicacións”, ao que engadiu que, “se están a preparar sancións”.
Junquera afirma que España lidera “o que se debe facer en Europa en materia de protección ao consumidor” e neste senso indicou que “non vai permitir que a lexislación non se cumpra”.
En telefonía fixa os prezos españois están en liña cos da media da UE, porén o certo é que os servizos de telefonía móbil deixan moito que desexar en canto a calidade, e os prezos seguen a estar por enriba dos aplicados noutros países europeos (tanto en voz como en datos) malia á competencia existente e á continua baixada de tarifas que se está a desencadear.
Neste senso, Junquera lembrou a importancia de que os usuarios acudan á oficina de atención ao consumidor para reclamar cada vez que as operadoras non atendan ás súas peticións, e explicou que “xa hai abertos varios expedientes sancionadores que se anunciarán proximamente”.
O Goberno sancionará a mala prestación dos servizos de atención ao cliente de telecomunicacións
Compartir Este Artigo

