
Segundo avanza o FECYT, será posible ver o eclipse, en directo, a través da súa televisión en liña.
A transmisión, que se levará a cabo dende as Illas Canarias (en Tenerife, coa sombra do Teide apuntando á Lúa eclipsada), contará co apoio da Facultade de Informática da Politécnica de Madrid, que se encargará da distribución do sinal. A achega desenvolverase en directo durante dúas fases de media hora: a primeira entre as 21.45 horas e 22.15 horas, hora peninsular, coa formación e evolución da dita sombra do Teide durante o eclipse; e a segunda entre as 22.45 horas e as 23.15, coa Lúa xa cuberta. A sesión rematará cos primeiros brillos da lúa chea.
A televisión en liña da FECYT retransmite esta noite o eclipse total de Lúa
Compartir Este Artigo
