
De seguido, e como é habitual nas asembleas da asociación galega desenvolverase un xantar de confraternización con arrecendo cen por cen galego: o hacking-churrasco, un tipo de celebración reivindicado por AGNIX onde se demostra ás claras que as churrascadas, ese piar da gastronomía social galega, comparte unha chea de elementos co deseño e creación de programas de estándares libres, feitos sobre a base do traballo colectivo e, sobre todo, para que logo se comparta. Xa pola tarde, está previsto que os integrantes de AGNIX tiren o máximo proveito do Arde Lucus para revivir os tempos en que castrexos e romanos loitaban por facerse co dominio da cidade.
AGNIX é unha asociación sen arela de lucro de ámbito galego e constituída por persoas con inquietudes no eido da implantación do software libre na nosa sociedade. Ten como finalidade a formación e divulgación da programación aberta coma medio para acadar a alfabetización tecnolóxica e informática galega, eliminando no posible a actual fenda tecnolóxica.
AGNIX celebra este sábado en Lugo o seu novo hacking-churrasco
Compartir Este Artigo
