Este martes a Nintendo 3DS recibe en Xapón unha nova aplicación descargable que incorpora a posibilidade de acceder a contido de vídeo estereoscópico dende a nova consola portátil de Nintendo, como as canles Fuji TV e Nippon TV. Deste xeito será posible ver distintos programas televisivos en 3D de balde (con publicidade) o que mesmo incluirá contidos deportivos. Polo momento descoñécese se en Europa termos algo semellante (aínda que si temos confirmada a posibilidade de descargar trailers cinematográficos en 3D e outros contidos de interese a través da eShop).
A mellora da oferta de vídeo en 3D dende a Nintendo 3DS (que nos EE.UU. incluirá a Netflix no verán) sumado ao lanzamento de The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D (xogo que no Reino Unido mercaron 1 de cada 5 posuidores da 3DS nunha semana) e ao anuncio de numerosos éxitos seguros nos vindeiros meses (Mario Kart, Star Fox 64 3D, Super Mario, Luigi’s Mansion 2…) fan que a consola portátil de Nintendo compense as principais eivas do seu lanzamento, converténdose nun produto moi sólido de cara á tempada de Nadal.
A Nintendo 3DS recibirá programación televisiva en 3D no Xapón
Compartir Este Artigo
