
Estes e outros traballos de Retegal insírese no importante papel que está a desempeñar no Plan de Banda Larga da Xunta, iniciativa na que conta cun orzamento de 32 millóns de euros co obxectivo de ampliar o panorama de acceso ás redes de alta velocidade e beneficiar con isto a preto de 800.000 galegas e galegos que ata o de agora non tiñan cobertura ou ben a que tiñan non cumpría dos requirimentos básicos calidade-prezo.
Neste punto, Retegal entra en xogo como operador neutro que empresta servizos a firmas privadas, operadores do sector, poñendo á súa disposición a infraestrutura propia, agora optimizada de novo. En palabras da empresa Infinera, “a mellora do acceso á banda larga xogará un papel clave na supresión da fenda dixital e a chegada de novos servizos á Comunidade”.
E recorda: “O investimento total da Xunta nas accións postas en marcha ata o de agora vai alén dos 81 millóns de euros, cos que se está a mobilizar un orzamento de máis de 221 millóns de euros entre capital público e privado”.
Polo que respecta á rede ATN para o equipo de transporte óptico que prové Infinera, dicir que vai dirixida a achegar unha solución de transporte flexible e dinámica, dando acubillo a unha gama de servizos (Ethernet, SAN, SONET/SDH, OTN e servizos de vídeo). Segundo se apunta, a dita rede é un xeito de reforzar os ambiciosos plans de espallamento tecnolóxico-dixital do operador galego. De feito, a previsión de Retegal para este ano é a de ampliar a rede cun alcance total de máis de 1.800 quilómetros. Así nolo explica José Angel Abeal, director xerente do ente galego: “A solución técnica presentada por Infinera permite que a nosa rede sexa quen de adaptarse á demanda dos nosos clientes, configurando unha sólida arquitectura para soportar as prestacións que os servizos de nova xeración requiren”. E prosegue: “Para nós foi fundamental o traballo de deseño, enxeñaría e soporte realizado polo equipo de Telindus e Infinera, que permitiu que a migración a esta nova rede se levase a cabo cun impacto case nulo sobre os nosos servizos”.
O papel xogado por Telindus foi, como dixemos, o de despregar a rede de Retegal e ofrecer, ademais, monotorización e mantemento de primeira liña. “As redes de transporte de nova xeración de Infinera baseadas en fibra óptica estanse a converter na mellor opción para as operadoras á hora de optimizar a xestión da súa estrutura e poder ofrecer servizos de valor engadido aos seus clientes”, sinala Emilio Cabañas, o director xeral de Telindus.
O operador galego Retegal reforza a súa rede con tecnoloxía de Infinera
Compartir Este Artigo
