
Segundo informa a organización do evento, este servirá tamén para afondar polo miúdo nas particularidades legais que cómpre ter en conta de decidírmonos a unha implantación-comercialización no país irmán.
O seminario contará coa colaboración dun importante grupo de fiscalistas, economistas e enxeñeiros de telecomunicacións brasileiros con amplísima experiencia no país americano e en todo caso con empresas que funcionan actualmente desde a cidade de São Paulo.
O evento insírese nunha estratexia global de internacionalización cara o Brasil. Ao abeiro deste proxecto, informan os responsables o programa, inclúese unha misión comercial ao pais en setembro (do 26 de Setembro o 2 de Outubro) e unha serie de traballos networking con empresas e clientes potenciais do outro lado do Atlántico que contarán coa colaboración da consultora Gainza Partners.
A xornada coa que comezamos este artigo desenvolverase na Fundación Caixa Galicia na Rúa do Vilar, en Santiago.
Santiago acolle este mércores unha xornada sobre o potencial das nosas empresas TIC en Brasil
Compartir Este Artigo
