Fotografía de Francisco Ibáñez, creador de Mortadelo e Filemón, publicada por La InformaciónOs medios impresos continúan a avanzar cara a súa dixitalización, e pese á resistencia de moitos editores, pouco a pouco vaise avanzando, como demostrou o lanzamento de Koomic, unha plataforma española de distribución de comics dixitais que está dispoñible vía web, mediante descargas de documentos ePUB con protección DRM (coa molesta tecnoloxía Adobe Editions) ou a través dunha aplicación para iPad, e parece que o día 6 de xullo vai facer historia ao acoller o debut dixital de Mortadelo e Filemón, que estrearanse co nº 144 de Magos del Humor titulado ¡A reciclar se ha dicho!, e que destacará por ter un prezo de 5,99 euros (mentres que en soporte físico o mesmo exemplar custaría 12 euros). O acordo entre Koomic e Ediciones B incluiría a publicación de todo o catálogo de Francisco Ibáñez, autor tamén de personaxes como Ropetechos, Sacarino, Pepe Gotera e Otilio ou 13 Rue del Percebe, que deste xeito estarán máis próximos das novas xeracións que non medraron coas súas obras como un referente de lectura.