A Feira Internacional do Videoxogo e o Lecer Interactivo Gamelab terá lugar entre os días 29 de xuño e 1 de xullo en Barcelona, xuntando por sétimo ano consecutivo a numerosos profesionais do sector dos videoxogos a nivel europeo, que asistirán a relatorios, debates, exposicións e outras actividades, entre as que temos que destacar a presenza galega coa presentación de Zombies&Beer, un xogo que mestura aventura e humor con personaxes grotescos, situándose a acción no despois dunha pandemia na que a poboación ten que acadar o seu antídoto para evitar converterse nun zombi, para o que hai que enfrontarse a numerosos mortos viventes.
Este xogo está a levarse a cabo entre 3 produtoras (Continental Games, Moonbite Games e Gurugames) e o seu lanzamento está previsto para 2012, podendo verse un adianto do mesmo durante o Gamelab.
Continental Games estará presente no Gamelab 2011
Compartir Este Artigo
