
Galicia Hoxe tomara o relevo de O Correo Galego, cabeceira nacida o 6 de xaneiro de 1994 como unha versión en galego de El Correo Gallego, que co novo proxecto tiña unha vocación autonómica, o que supuxo unha importante aposta do Grupo Correo Gallego polos contidos en galego, converténdose no único diario en galego no mercado, o que non tivo a resposta social e institucional agardada, o que, xunto á conxuntura económica actual, levou a este medio á súa fin, seguindo os pasos de publicacións como A Nosa Terra, que hai medio ano tamén cesou a súa edición en papel.
Estamos ante un momento tristemente histórico, no que a nosa lingua esmorece nos quioscos, quedando sen publicacións diarias, e limitándose a publicacións semanais e mensuais, deixando un baleiro que só parece estar a cubrirse axeitadamente dende a Internet, medio no que o galego tamén viviu momentos complicados nos últimos anos.
Galicia Hoxe pecha a súa edición impresa
Compartir Este Artigo

